9 nov 2010

UN NOVO CURSO, UN NOVO PROXECTO

1. TÍTULO DO PROXECTO: "A MAXIA DOS...CONTOS, LENDAS E CANTOS NO CAMIÑO"

2.OBXECTIVOS:
*Implicar a toda a Comunidade educativa en torno a un proxecto común.
*Rendabilizar os recursos da Biblioteca en función deste Proxecto.
*Integrar a cultura impresa e a dixital
*Aprender a buscar información en distintos medios
*Coñecer as diferentes culturas ao longo do camiño.
*Integrar o noso Centro no contexto do camiño a Fisterra.
*Coñecer a tradición literaria ao longo da historia do Camiño

3.FASES DO PROXECTO:
Os membros da Comisión da Biblioteca pensamos en desenvolver o Proxecto nas seguíntes fases:
QUE SABEMOS?: Aquí trataremos de investigar sobre a informaciónde que dispoñemos e discutiremos as ideas xurdidas.

QUE QUEREMOS SABER?Anotamos todo o que queremos descubrir sobre o Camiño e decidimos en que orde imos buscar esa información.

ONDE BUSCAMOS A INFORMACIÓN?:Recompilamos información a través de todas as fontes disponibles:Internet, revistas, xornais, mapas, DVD, libros...

Unha vez buscada a información precisa e recompilada toda a documentación e fondos documentais, distribuirase o traballo, seguindo un deseño de actividades confome ao plan que prsentamos a continuación: