9 nov. 2010

UN NOVO CURSO, UN NOVO PROXECTO

1. TÍTULO DO PROXECTO: "A MAXIA DOS...CONTOS, LENDAS E CANTOS NO CAMIÑO"

2.OBXECTIVOS:
*Implicar a toda a Comunidade educativa en torno a un proxecto común.
*Rendabilizar os recursos da Biblioteca en función deste Proxecto.
*Integrar a cultura impresa e a dixital
*Aprender a buscar información en distintos medios
*Coñecer as diferentes culturas ao longo do camiño.
*Integrar o noso Centro no contexto do camiño a Fisterra.
*Coñecer a tradición literaria ao longo da historia do Camiño

3.FASES DO PROXECTO:
Os membros da Comisión da Biblioteca pensamos en desenvolver o Proxecto nas seguíntes fases:
QUE SABEMOS?: Aquí trataremos de investigar sobre a informaciónde que dispoñemos e discutiremos as ideas xurdidas.

QUE QUEREMOS SABER?Anotamos todo o que queremos descubrir sobre o Camiño e decidimos en que orde imos buscar esa información.

ONDE BUSCAMOS A INFORMACIÓN?:Recompilamos información a través de todas as fontes disponibles:Internet, revistas, xornais, mapas, DVD, libros...

Unha vez buscada a información precisa e recompilada toda a documentación e fondos documentais, distribuirase o traballo, seguindo un deseño de actividades confome ao plan que prsentamos a continuación:

26 jun. 2010

"O DÍA DA PAZ"








Este ano no "Día da Paz", e en estreita relación có Proxecto da Biblioteca, levouse adíante unha idea moi especial para concenciar ó alumnado e ao mesmo tempo axudar @s nen@s afectados polo terremoto de Haití.Baixo o lema"Para tí, Para Haití" e co prezo simbólico dun euro, deseñouse unha pomba para levar as casas.











A acollida desta iniciativa foi tan boa,que o euro superou con creces as nosas expectativas, de tal xeito que os beneficiados coa nosa proposta foron @s nen@s de Haití.






Paralelamente celebrouse nas instalacións do Ximnasio un Festival preparado polas profesoras de Educación Física conxuntamente coa de Educación Musical no que participou todo o colexio e no que non faltaron performances, percusións, cánticos e bailes...


O resultado foi impresionante.Noraboa as tres profesoras¡


AS CELEBRACIÓNS NO COLEXIO: "O DÍA DA PAZ " e "O ENTROIDO"

http://www.wix.com/gelapd/DIA-DA-PAZ

19 jun. 2010

AS PORTAS DE PRIMARIA

Outra das labouras da Comunidade educativa do colexio, contaxiada polo entusiamo do alumnado, consistíu en decorar as portas das aulas según o país que estivesen traballando:así poidemos ver portas con aspecto de "haimas" do deserto ou "cabanas" dos aboríxenes maorís, "tipis" dos indios americanos ou unha "entrada" ó metro londinense...

12 jun. 2010

CHINA , UN PAÍS MISTERIOSO PARA @S NEN@S DE 5 ANOS





Os nenos e nenas de 5 anos emprenderon este proxecto, situando a China no Mapa Mundi das Culturas que temos exposto na entrada do colexio.











Despois levaron un mapa de China á clase e comprobaron o grande que é e as provincias que tiña.








Coñeceron as letras chinesas e as reproduciron nun folio.
Decatáronse de que entender chino e escribilo non é tarefa doada.
Qué letras máis complicadas¡







En China podemos atopar modernos edificios e campos de fútbol realizados para os "xogos olímpicos de Pekín
2008, como éste que vedes na foto.








Pero, ao mesmo tempo, podemos atopar munumentos tradicionais chineses en perfecto estado de conservación como este da cidade de Hualieng.












Esta é a bandeira de China












Esta é a festa de inauguración dos Xogos Olímpicos en Pekín no ano 2008
















Estos son os traballos que nos fixemos sobre China con toda a información recollisa e que posteriormente cada un levou para a súa casa.









Este é o gran día , en que vestidos a usanza chinesa, executamos un baile dese país díante das nosas familias, e acompañados polas nosas titoras que tamén se vestiron coma nós.

10 jun. 2010

OS NENOS DE 3 ANOS INVESTIGAN SOBRE A INDIA




Así foi como interpretamos a India @s nen@s de 3 anos.
Gostarónnos moito as cousas que aprendimos sobre a súa cultura e as súas costumes¡














Aquí estamos preparados para executar un baile hindú cos seus movementos tan exóticos e delicados.








Todos vestidos ao estilo hindú, profe incluída.













Chegou o día de amosar as nosas dotes artísticas diante dos nosos pais.
Qué nervios¡







































Miramos como se maqueaban e ves tian as mulleres hindús para poder vestirnos o máis semellante a elas. Que tal quedamos?















Na India as vacas son sagradas e
non se poden matar, nin comer a súa
carne pero poden beber o seu
leite.









A tez dos hindús é moi morena e os homes levan turbante de moitas cores.











O Taj Mahal é un gran monumento ao Amor dun emperador musulmán para a súa muller que morreu cando tiveron un fillo.












As mulleres e os homes da India vánse lavar o río Tigris pois para elas é un río sagrado.















Esta é a bandeira da India.








Educación Infantil escollemos como continente para traballar ASIA e o repartimos da seguínte maneira: 3 anos investigou a India, 4 anos indagou sobre a cultura Turca e 5 anos traballou China.
Cantas cousas aprendemos¡

8 jun. 2010

A APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA NA AULA








Coñecimos a famosa Santa Sofía de Constantinopla cos seus tellados que semellan de prata e pegamóla na portada dun libriño que fixemos para levar para casa con toda a información aprendida


















Aprendemos a danza do ventre e a tocar os crótalos ou chinchins.
Unha profesora tocaba o Darbuka qué é outro instrumento típico turco. Que ben o pasamos¡























As títoras e o alumnado destas clases vestíu a roupa deste país e aprendeu os nomes de cada un dos seus elementos.



















Obxectos típicos de Turquía que @s nen@s de
4 anos tiveron na aula co obxecto de familiarizarse mellor con outra cultura moi diferente a súa: a turca






















O modelo de Proxectos empregados polo noso Centro ao longo de todo este curso, impulsa o espíritu investigador a través de diversas fontes como o uso das TIc e as Bibliotecas Escolares
O alumnado de Educación Infantil de 4 anos escolleu como país para traballar, Turquía.
Recabaron de sus pais e títoras toda a información necesaria para traballar este país tan lonxano para casi todos eles.
E foron aprendendo cousas e vivenciandoas na clase.
Trouxeron obxectos típicos deTurquía das súas casas ou cedidos polas títoras, e os manipularon e aprenderon os seus nomes e para qué se empregaban.


















CONSTRUÍNDO AS APRENDIZAXES

















A práctica docente, organizada tradicionalmente en torno ao libro de texto, ven de comezar a modificarse.
No eixe deste cambio sitúase a Biblioteca Escolar, que pasa a ter un modelo funcional e organizativo deixando de ter un papel meramente auxiliar a un modelo plenamente integrado en el currículum con unha participación activa no fundamento das estratexias didácticas de aprendizaxe, o que lle ofrece unha importante función na formación contínua do alumnado


7 jun. 2010

OS MURAIS DAS AULAS



Os Sioux fan ofrendas sagradas os seus deuses totémicos neste mural realizado coa técnica das témperas
África e o misterioso mundo dos túnicas azuis, os "tuaregs" quedan ilustrados perfectamente mediante unha serie de elementos:as dunas do deserto, un oasis, o sol aterrador, o dromedario e a soedade dos tuareg no medio do deserto.



Mural representando a unha xirafa do "Massai Mara".Reserva de animais que se atopa entre Kenia e Tanzania



Mural representando os costumes do pobo inuit.Vemos representado a que sería a vida dentro dun igloo.


A tradicional forma de pescar dos maorís vese espléndidamente reflexada neste mural que chamou a atención de todo o Colexio



Os murais das aulas explicasen como o resultado da aprendizaxe no proceso de construcción do coñecemento por parte do noso alumnado.





Cada aula representou a cultura elexida nun taboeiro de cortiza que quedaba no exterior da aula.





Os resultados e as técnicas empregadas foron múltiples e variadas:

Dende as 3 dimensións para dar volumen á obra, pasando polo troquelado, o difuminado, as témperas, o collage o estarcido.....

6 jun. 2010

O TRABALLO NAS AULAS.

Como continuación do traballo que realizamos nas aulas sobre a interculturalidade os nenos e nenas de 4º A crearon estes vídeos sobre diferentes culturas. Esperamos que vos gusten!

5 jun. 2010

INSTRUMENTOS MUSICAIS DO MUNDO


"Instrumentos musicais do Mundo" foi outra Exposición que tivo dentro do Proxecto unha gran repercusión.

Estaba vinculada con outra Área do curriculum, a Música e coincidía coa Festa do Entroido ou uns días antes, polo que as profesoras de Educación Física en colaboración coa profesora de Música prepararon unhas danzas típicas do país protagonista da nosa aprendizaxe sempre coa axuda das profesoras títoras, que elaboraron os traxes e colaboraron nos ensaios das danzas.

O éxito chegou o día do da "Festa do Entroido coa espectacular execución das danzas por parte de todo o alumnado. Quedamos todos impresionados de ver o en serio que os rapaces estaban tomando o Proxecto.

EXPOSICIÓN DE ARTESANÍA


Implicar a toda a Comunidade Educativa en torno a un Proxecto común semellou contaxioso. Cada quen viña coa súa idea e todos querían poñer o seu graniño de area.

Daba gusto. As veces, o Equipo de Biblioteca víase desbordado pola cantidade de material coa que se atopaban, pero xa había alguéndisposto para botar a súa mán en decoración, en loxística, ou sinxelamente, trasladando o material dun lugar a outro ou inventariandoo para evitar extravios ou perdas nun material certamente valioso.

EXPOSICIÓN DE XOGUETES DO MUNDO




Durante o mes de Febreiro, coincidindo co Entroido, e tendo en conta os obxectivos do Proxecto, propúxoselle a seguínte actividade a Comunidade Educativa:Tratar entre todos de xuntar xoguetes de todas as partes do Mundo que estabamos traballando.


En definitiva, o que pretendíamos con esta actividade era posibilitar que o noso alumnado gozase cunha tarefa que favorecera o coñecemento doutras culturas, costumes e tradicións; e así mesmo, desenvolver distintos aspectos do curriculum, coma a igualdade, o respecto cara aos outros, a tolerancia....a través dunha actividade lúdica:o xogo


Outro indicador de que a Comunidade Educativa ten asumido o compromiso co Colexio foi a resposta tan positiva que tivemos.


Todos os cursos foron pasando pola Exposición e experimentando cos xoguetes que alí se expoñían baixo a mán atenta dos seus profesores.


Paralelamente as dúas profesoras especialistas en Educación Física elaboraron dentro da súa programación, unha Unidade Didáctica dedicada aos xogos populares, que se pode contemplar noutra parte deste mesmo blog.


A CHINOTECA




Na quincena do 1 ao 15 de Decembro do ano 2009 organizouse no noso Colexio una Exposición de libros en castelán sobre a Cultura chinesa para todos os Ciclos . Para a posta en marcha de esta Exposición, o Equipo da Biblioteca Escolar púxose en contacto coa "Asociación QU YUANQU" formada por nais e pais adoptantes de nen@s chineses.

Os libros aportados por esta Asociación eran dunha beleza tan impactante, que houbo que amplíar a exposición algúns días máis para que poidese recorrer todas as aulas do noso Centro. Estes libros tiveron un protagonismo especial durante o mes de Decembro e podíamos atopar entre eles, exemplares tan curiosos coma a primeira cartilla para aprender a escribir e falar en chinés.
Os libros colocáronse nun lugar da planta baixa do corredoiro.Un lugar relevante, onde todos os nen@s podían velos e collelos con máis facilidade.


2 jun. 2010

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE AS CULTURAS DO MUNDO











A partir de aquí, desenvólvense toda unha serie de actividades:
Comeza a nosa aventura¡
O que pretendemos co noso Proxectopotenciar o desenvolvemento da comunicación, creatividade e fantasía, así como o desenrolo e a valoración doutras culturas a través de distintas actividades: o conto, murais, dossiers....pónse en marcha dunha forma lúdica para introducir aos nenos dos distintos Ciclos nas diferentes situacións de aprendizaxe que ímos levar a cabo ao longo do ano.
O primeiro que fixemos foi solicitar a axuda de toda a Comunidade educativa para que nos facilitasen fotos dos paises que tiveran visitado para poder facer unha exposición nos corredoiros da planta baixa do Colexio.
A resposta foi moi positiva como se pode comprobar á vista dos murais fotográficos sobre os diferentes paises que íamos traballar.