Durante o mes de Febreiro, coincidindo co Entroido, e tendo en conta os obxectivos do Proxecto, propúxoselle a seguínte actividade a Comunidade Educativa:Tratar entre todos de xuntar xoguetes de todas as partes do Mundo que estabamos traballando.
En definitiva, o que pretendíamos con esta actividade era posibilitar que o noso alumnado gozase cunha tarefa que favorecera o coñecemento doutras culturas, costumes e tradicións; e así mesmo, desenvolver distintos aspectos do curriculum, coma a igualdade, o respecto cara aos outros, a tolerancia....a través dunha actividade lúdica:o xogo
Outro indicador de que a Comunidade Educativa ten asumido o compromiso co Colexio foi a resposta tan positiva que tivemos.
Todos os cursos foron pasando pola Exposición e experimentando cos xoguetes que alí se expoñían baixo a mán atenta dos seus profesores.
Paralelamente as dúas profesoras especialistas en Educación Física elaboraron dentro da súa programación, unha Unidade Didáctica dedicada aos xogos populares, que se pode contemplar noutra parte deste mesmo blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario